Porcos

            

Estes "colegas" que pode apreciar o sacrificado navegante que chegou ata esta páxina pertencen a raza       "larés", hoxe denominada "porco celta". Están sendo alimentados con productos naturais, sen pensos específicos e sen restos de comidas. Viven ó aire libre todo o tempo, nun espacio de aprox 5.000 m.,  e dispoñen de "piscina" Sen ningunha dúbida os seus antepasados serviron de festín para os castrexos (estou impacente agardando que alguén axude a completar o traballo adicado ó Castro, ver páxina O Castro).  Actualmente habitan as terras de Gondulfe, estes seis exemplares, gracias ó traballo ilusionado dun grupo de veterinarios que soubo recuperar a raza e poñela ó noso alcance.  (www.porcocelta.com

O seu sacrificio, o próximo inverno, se Deus nos os deixa chegar aló, servirá para manter a tradición da festa da matanza, facer as filloas e xugar o xulepe despois de cear.   

 

Son cuspidiños a seu pai, non se pode mellorar a raza.

A lástima é que teñan que morrer a garrote vil e algunha parte deste nobre, tabernario e instrumento de suborno (un bo xamón ten feito variar moitas sentencias e, mesmo, feito funcionarios) vaia parar ó bandullo dalgún larpeiro. Ninguén está libre dunha disgracia. De cualedro había unha copla de cego que dicía" Cualedro, terra de moitas disgracias..."

¡Que santo Antonio e as Benditas ánimas protexan a túa facenda! Deben facelo, pois están nas mans dnha persoa xenerosa que vai compartir cos amigos, entre os que a moita honra me conto.

Unha aperta

17/02/05     Xosé María Pin

                                

Volver