Contan os de antigo, e eu téñoo por certo, que nunha peneda que hai neste monte, á que o lector pode facer unha visita cando o desexe, déronse cita, hai xa ben tempo, tres virxes: a de Guadalupe, a de Castelo e a do Faro.
Viñan coa intención de quedarse, convertendo ós Castelos deste xeito no Santuario Mariano máis importante de toda Galicia. ¡Algo terán os Castelos¡.
Ó parecer, namentras trataban da planificación e futuro do Santuario ó longo de varios días, tiveron que padecer as molestas reñas das Pichonas, unhas veciñas de Gondulfe, que prolongaban día e noite sin apenas gardarse tempo para dormiren.
Á vista de que o medio non aportaba os mínimos de calma e serenidade que precisaba o sagrado lugar decidiron, non sen pena, mudarse ós lugares nos que actualmente están establecidas. Gondulfe perdeu a súa gran oportunidade. Que Deus lles perdoe ás Pichonas o mal que fixeron.
Alí, na peneda, pode comprobar o amigo visitante desta páxina as marcas das ferraduras das burras que utilizaban para o transporte.
raxado@gmail.com raxado@hotmail.com