Princi pal

O Castro

O Castro

     Dicíame a miña Avoa, MaiElisa, que o Castro fora feito polos mouros e que no seu interior habería dúas vigas, unha de ouro e outra de "ferro de alquitrán", se atopabas primeiro a de ouro faceríaste rico pero se no camiño tropezabas coa de "ferro de alquitrán" produciríase un "gravísimo fenómeno" que non cheguei a saber se somentes afectaría ó buscador ou tería consecuencias para o resto do vecindario ou incluso para o Mundo enteiro. Aínda tardei moito tempo en saber que esa crenza era común para os moitos castros que vixían continuamente a vida do rural.

    Os castros

   Arredor dos séculos VIII e VI a. de Xto. apareceu no Noroeste Peninsular unha forma de vida que chamamos "CULTURA CASTREXA". Coincide coa chegada de varias vagas de pobos indoeuropeos e do coñecemento da metalurxia do ferro. Os pobos recén chegados, cunha forte cultura guerreira, acabarían fusionándose cos autóctonos e vivindo en castros. Os romanos chamaríanlles gallaeci.

    En xeral, os castros,  estaban situados en outeiros  e dispoñían de foxos e incluso de murallas. As casas, cunha única dependencia na que convivían persoas e animais, construíronse incialmente de pólas e outros vexetais, pero posteriormente serían de pedra en forma circular, teito de palla e avanzado o tempo construíron formas rectangulares. A falla total de planificación e o aproveitamento máximo do chan deu lugar a un resultado urbanístico moi irregular.

   Esta organización urbana, de carácter netamente defensivo, amósanos unha grande inseguridade e violencia.

  A vida social baseábase na familia e no clan. De carácter matriarcal, a herdanza estaba establecida por liña feminina e a tutela dos fillos non dependía do pai senón do irmán da nai.

  Cultivaban cereais e tiñan vacas, ovellas, porcos, cabras....parece que todas estas labouras eran de responsabilidade das mulleres. Os homes tiñan unha adicación basicamente militar.

 As crenzas relioxiosas estaban centradas nas forzas naturais: fontes, ríos, bosques e outros deuses entre eles os da guerra.

 Fixeron con ouro pezas de adorno e obxectos de cerimonias. Son de destacar os torques (colares ríxidos de ouro).

 Da matanza do porco e da práctica da covada agradecería a quen coñecese o tema mellor ca min que me mandase información. Senón puidera ser histórica tamén valería literaria

 Este castro está sen escavar e polo tanto sen un estudio específico.  (agradécense as colaboracións)

Para saber máis

raxado@hotmail.com